Inicio

CURSO ESCOLAR DE MÚSICA

PREINSCRIPCIÓNS: DO 1 (as 09:00 hrs.) ó 11 DE XUÑO (as 00:00 hrs).

Consulta as normas de matriculación



 

OBRADOIROS MONOGRÁFICOS DE MÚSICA
 
PREINSCRIPCIÓNS: DO 1 (as 09:00 hrs.) ó 30 (as 00:00 hrs) DE XUÑO.

 
 

OBRADOIRO DE INICIACIÓN MUSICAL DE 6 a 7 ANOS
Obradoiro grupal de iniciación musical onde o alumnado poderá introducirse na linguaxe da música, a través de actividades ritmicas tanto con instrumento como con percusión corporal,cantando, bailando e tocando desenvolvendo a educación auditiva e a psicomotricidade.

 

OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á BATERÍA A PARTIR DE 8 ANOS
Traballaremos dende cero a independencia e coordinación necesarias para aprender os ritmos básicos neste instrumento.
Observacións: Cada alumno/a aportará as súas propias baquetas.


OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á PANDEIRETA A PARTIR DE 16 ANOS
Obradoiro grupal onde coñeceremos e manexaremos os principais ritmos tradicionais galegos na pandeireta.
Observacións: imprescindible traer o instrumento.


OBRADOIRO DE PERCUSIÓN TRADICIONAL A PARTIR DE 16 ANOS
Obradoiro grupal onde coñeceremos e manexaremos ritmos tradicionais galegos no tamboril, bombo,conchas,cucharas etc…



OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á IMPROVISACIÓN PARA GUITARRA A PARTIR DE 16 ANOS
(Soamente alumnado con coñecementos Nivel Medio.) Obradoiro grupal enfocado, case na súa totalidade, na práctica instrumental (fraseo, escalas, etc.) ademais de conceptos básicos de harmonía e con prácticas tipo ”Jam session” de todos os conceptos adquiridos. Traballaremos os conceptos de tonalidade, escalas( maiores, menores, pentatónicas,blues etc..),modos e relación escala – acorde. Desenvolveremos a expresión creativa tanto individual como colectivamente e a creación musical en tempo real.
Observacións: É imprescindible traer o instrumento.


OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á GUITARRA E LINGUAXE MUSICAL A PARTIR DE 8 ANOS
Obradoiro grupal que iniciará ao alumnado no coñecemento da guitarra. Traballaremos os elementos da linguaxe musical necesarios para a interpretación de diferentes pezas e as características e posibilidades técnicas e sonoras do instrumento e saber utilizalas na interpretación, tanto individual, como de conxunto.
Observacións: É imprescindible traer o instrumento.


OBRADOIRO DE GUITARRA MODERNA A PARTIR DE 16 ANOS (pop, rock, blues. etc…)
(Soamente alumnado con coñecementos Nivel Medio.) Obradoiro grupal dirixido a guitarristas que desexen ampliar os seus coñecementos e adquirir novas técnicas para a interpretación de diferentes estilos musicais.
Observacións: É imprescindible traer o instrumento.




OBRADOIRO DE INICIACIÓN AO PIANO E LINGUAXE MUSICAL
Obradoiro grupal que iniciará ao alumnado na aprendizaxe básica do piano e o linguaxe musical.
Traballaremos os elementos da linguaxe musical necesarios para a interpretación de diferentes pezas e as características e posibilidades técnicas e sonoras do instrumento para poder utilizalas na interpretación, tanto individual, como de conxunto a través de distintos temas populares, ritmos e práctica de melodías e acompañamentos sinxelos. desenvolvendo a expresión creativa tanto individual como colectivamente .a través de diferentes canciones populares, ejercicios de ritmos y práctica de melodías y acompañamientos sencillos.



 

TEATRO

Prazo para preinscripción: do 11 ó 21 de maio.

INGLÉS

Prazo para preinscripción: do 11 ó 21 de maio.Ante a demanda dun horario máis amplo que ofreza grupos para os escolares con xornada partida a Concellería de Educación decidiu estender a súa proposta con unha nova oferta que inclúe, ademais, un grupo para o alumnado de primeiro de Educación Secundaria.

O prazo de inscrpción será do 15 ao 30 de xuño do 2020.